Fiesta 1 de mayo

El día 1 de mayo celebramos el comienzo del mes dedicado a la Virgen María.

Tendremos Misas a partir de las 9 de la mañana. La Santa Misa Solemne a las 12 y después la Procesión con la Imagen de la Virgen. Por la tarde, Misas a las 5 y a las 6.

Sábado Santo: Vigilia Pascual

  • Sábado Santo: Vigilia Pascual

    -Rezo del Santo Rosario a las 12 horas
    -Celebración de la Santa Vigilia Pascual a las 9 de la tarde

Jueves Santo en la Cena del Señor

  • Jueves Santo en la Cena del Señor

    -Celebración a las 6 de la tarde
    -Hora Santa a las 8 de la tarde
    -Adoración Nocturna Española, a las 9 de la tarde

Domingo de Ramos en la Pasión del Señor

Día 9 de Abril, Domingo de Ramos en la Pasión del Señor
– Bendición de los Ramos en las 3 Misas
– Bendición de la “Borriquita” y Procesión antes de Misa de 12

Gracias a nuestros 5.000 seguidores

Ya son 5.000 los seguidores de nuestro Facebook. A todas y a todos muchas gracias.

Visita nuestro facebook

 

Festa “de inverno” da nosa Señora de Ou Corpiño

O 25 de marzo celebramos a coñecida como festa “de inverno” da nosa Señora de O Corpiño.

24 horas para o Señor

Seguindo a iniciativa do Papa Francisco, os días 23 e 24 de marzo teremos as 24 horas para o Señor. Serán 24 horas de Adoración ao Santísimo Sacramento e confesión sacramental.

Realmente os días son o 24 e 25. Pero o 25 celébrase no Santuario a coñecida como “festa de inverno” da nosa Señora de O Corpiño, por ese motivo, adiantamos a Adoración un día. Serviranos, desta forma para prepararnos interiormente para honrala o día da súa festa.

 

Día do Seminario 2017

Oración polos seminaristas e polo aumento das vocacións sacerdotais:

Deus Pai,
que co exemplo do teu Fillo ensínasnos que non hai verdadeiro amor sen a entrega xenerosa da propia vida, axuda a aqueles que se preparan nos nosos seminarios para ser pastores segundo o teu corazón, próximos a ti, e próximos aos homes os nosos irmáns.

Que sexan no medio da nosa sociedade os teus ollos e as túas mans, para ver, curar e acompañar a tantos que quedan feridos no camiño.

Que non falten na túa Igrexa mozos dispostos a servirche segundo a túa vontade, que coa súa vida e a súa palabra mostren aos demais o teu amor misericordioso.

Gloria ao Pai, e ao Fillo, e ao Espírito Santo. Amén.

Comezo da Coresma

“A Coresma é un novo comezo, un camiño que nos leva a un destino seguro: a Pascua de Resurrección, a vitoria de Cristo sobre a morte. E neste tempo recibimos sempre unha forte chamada á conversión: o cristián está chamado a volver a Deus «de todo corazón» (Jl 2,12), a non contentarse cunha vida mediocre, senón a crecer na amizade co Señor. Xesús é o amigo fiel que nunca nos abandona, porque mesmo cando pecamos espera pacientemente que volvamos a el e, con esta espera, manifesta a súa vontade de perdoar.

A Coresma é un tempo propicio para intensificar a vida do espírito a través dos medios santos que a Igrexa nos ofrece: o xaxún, a oración e a esmola. Na base de todo está a Palabra de Deus, que neste tempo convídasenos a escoitar e a meditar con maior frecuencia.”

(mensaxe do Papa Francisco para a Coresma 2017)

Ler texto completo

O presbiterio recobra a súa cor

Empezaron as obras de restauración que afectarán as pinturas murais da bóveda do presbiterio e ao retablo maior.

O fume das velas e o paso dos anos ocultou case por completo as pinturas murais da bóveda do Santuario. O retablo maior ten un verniz que se escureceu co paso dos anos e non permite ver o seu colorido orixinal. O centro de Conservación e Restauración San Martín de Ourense é o encargado de levar a cabo as obras. Demoraranse uns 4 meses, polo que para a Romaría da nosa Señora de O Corpiño gozaremos da obra terminada. As obras de restauración realízanse só grazas aos donativos dos devotos da nosa Señora de O Corpiño.