Como todos os anos ten lugar o 25 de marzo a primeira das festas do ano no Santuario. A novena celébrase desde o 17 ao 25 ás 6 da tarde. O día 25, Solemnidade da Anunciación do Señor, haberá Misas cada hora desde as 9 da mañá.

A Misa Solemne, ás 12 e despois da Misa Solemne, a Procesión coa Imaxe da Virxe. Haberá sacerdotes dispoñibles para atender as confesións durante toda a mañá.

Pola tarde as Misas son a partír das 5.