Horarios da Santa Misa
Luns a venres: 18:00h.
Sábados: 12:00h y 18:00h.
Domingos e festivos: 10:00h, 12:00h y 18:00h.
Horarios de apertura do Santuario
Todos os días laborables::
Durante todo o ano:
Mañás : 11:00h a 13:30h.
Tardes: 16:00h a 20:00h.
Todos os sábados do ano:
Mañás : 11:00h a 13:30h.
Tardes: 16:00h a 20:00h.
Todos os domingos do ano:
Mañás : 09:30h a 13:30h.
Tardes: 16:00h a 20:00h.
Bendición e atención a enfermos
Todos os días da semana antes e despois da Santa Misa.
Confesións
Todos os días antes e despois da misa na nave esquerda do santuario. Os domingos e festivos unha hora antes da misa das 6 da tarde.
Exposición, adoración do Santísimo
Todos os xoves despois da Santa Misa terá lugar a Exposición e Adoración do Santísimo, a Oración de Curación, a Bendición, a Oración persoal…
Grupo de oración e adoración
O terceiro e quinto xoves de cada mes reunímonos ás 8 da tarde para a Oración e Adoración ao Señor Sacramentado (convidámoslle a participar).
Grupo de adoración nocturna
O primeiro xoves de cada mes, ás 9 da tarde, reunímonos para rezar e adorar ao Santísimo Sacramento (convidámoslle).
Coro da nosa Señora de O Corpiño
Ensaios os luns e os xoves de 3:30 a 5:30 h da tarde. Cantan as misas de 12 os domingos e festivos. Para formar parte do grupo de canto, infórmese na sacristía.
Grupo de liturxia e formación litúrxica
Prepara as Eucaristías solemnes, as festas, os Tempo Fortes e as Eucaristías das 12 de todos os domingos. Reúnense varias veces ao mes e sempre que sexa necesario no santuario. Para formar parte do grupo de liturxia, infórmese no santuario.
Grupo de Pastoral dos Enfermos
Acompañan aos enfermos que o solicitan, lévanlles a Sacra Comuñón e rezan con eles. Infórmanlles das actividades parroquiais e escóitanlles e atenden nas súas necesidades espirituais.
Grupo de Cáritas e atención aos necesitados
Aténdese e axuda ás persoas necesitadas, xa sexa nun momento puntual ou durante períodos máis longos de tempo. Infórmese no Santuario.
Primeiros venres de mes ao Sagrado Corazón de Jesús
Unha das devocións máis populares na Igrexa son os Nove Primeiros Venres de mes en honra ao Sacro Corazón de Jesús. Consiste en confesarse e comungar os nove primeiros venres de mes desde outubro a xuño. Esta devoción ten a súa orixe nas aparicións do Sacro Corazón de Jesús a Santa Margarita María.
Mes de maio dedicado á Virxe María
Todos os días do mes de maio, ademais de rezar o Santo Rosario, ofreceremos unha flor á Santísima Virxe María. O acto consiste en ofrecerlle unha flor cada día á nosa Nai e un compromiso para levar a cabo durante o día seguinte.
Mes de outubro dedicado á Virxe do Rosario
Todos os días do mes de outubro rezamos o Santo Rosario, meditando sobre cada un dos misterios que corresponden ao día.