Comezo da Coresma
“A Coresma é un novo comezo, un camiño que nos leva a un destino seguro: a Pascua de Resurrección, a vitoria de Cristo sobre a morte. E neste tempo recibimos sempre unha forte chamada á conversión: o cristián está chamado a volver a Deus «de todo corazón» (Jl 2,12), a non contentarse cunha vida mediocre, senón a crecer na amizade co Señor. Xesús é o amigo fiel que nunca nos abandona, porque mesmo cando pecamos espera pacientemente que volvamos a el e, con esta espera, manifesta a súa vontade de perdoar.
A Coresma é un tempo propicio para intensificar a vida do espírito a través dos medios santos que a Igrexa nos ofrece: o xaxún, a oración e a esmola. Na base de todo está a Palabra de Deus, que neste tempo convídasenos a escoitar e a meditar con maior frecuencia.”
(mensaxe do Papa Francisco para a Coresma 2017)