O presbiterio recobra a súa cor
Empezaron as obras de restauración que afectarán as pinturas murais da bóveda do presbiterio e ao retablo maior.
O fume das velas e o paso dos anos ocultou case por completo as pinturas murais da bóveda do Santuario. O retablo maior ten un verniz que se escureceu co paso dos anos e non permite ver o seu colorido orixinal. O centro de Conservación e Restauración San Martín de Ourense é o encargado de levar a cabo as obras. Demoraranse uns 4 meses, polo que para a Romaría da nosa Señora de O Corpiño gozaremos da obra terminada. As obras de restauración realízanse só grazas aos donativos dos devotos da nosa Señora de O Corpiño.